martes, 24 de marzo de 2020

#EUQUEDONACASA


MENTRAS NON PODAMOS SAIR...
A NOSA IMAXINACIÓN QUE PODA VOAR...

Ola familias Carrasqueiriñas:
@s profes de infantil desexamos de corazón que esteades todo o ben que se pode estar nesta situación.. Mentres non podamos voltar, intentaremos estar cerca vosa e manter o contacto a través das propostas que os van facendo @s titores e os mestres especialistas; estes últimos irán subindo as actividades, recursos e suxestións das suás respectivas áreas ao blog nas diferentes pestanas para que as podades consultar ao voso ritmo cando os veña ben. A nosa intención é apoiaros e que sirva de axuda nestes momentos tan difíciles sen que o sintades coma una carga.
Unha forte aperta e vémonos pronto!!!
#EUQUEDO NA CASA
#TODO SAIRÁ BEN

jueves, 31 de octubre de 2019

Novo patio de infantil



Neste verán na nosa escola tivo lugar un cambio importante no patio de infantil; froito dun proceso longo de reflexión e debate por parte das mestras deste ciclo, e que trasladaron á comunidade educativa, co apoio do equipo directivo, tanto o saínte coma o entrante.
Tratouse de trasladar ao espazo de xogo, unha perspectiva diferente desta zona, creando ambientes e espazos de aprendizaxe, movemento, experimentación e desfrute en contacto continuo coa natureza. Dando cabida a diferentes actividades, ritmos e estilos de xogo dos diferentes nenos e nenas e apetenzas de cada momento:
-Un espazo de actividade intensa e movemento cos troncos de equilibrio e trepa.
- Un  espazos semi-activo e sensorial  cun panel instrumental e cunha cociniña xunto as plantas aromáticas para o xogo simbólico.
- A zona do areeiro cos cacharriños, carretillas, caldeiros e pas que tanto lles gusta.
- E unha   zona tranquila coas cabañitas para falar,   descansar e ler contos.

Estamos moi content@s co resultado, creemos que están desfrutando moito , e que se alcanzaron  os obxectivos plantexados no proxecto.
Queremos agradecer a todas as familias que colaboraron e participaron para facer isto posible; e facer unha mención especial ao noso papá carpinteiro que escoitou as nosas propostas e co seu bo facer e grandes dosis de ilusión, motivación e creatividade o fixo posible. Graciñas.

lunes, 16 de septiembre de 2019

BENVID@S AO NOVO CURSO

Inauguramos o curso cunha merendola sana e sabrosa de froita e bocatas  para todo o cole que os nosos pequen@s disfrutaron moitisimo.